CENTRO DE DÍA E 25 VIVENDAS TUTELADAS NO PARQUE DO PASATEMPO, BETANZOS



Dentro do Plan Parcial do Pasatempo de Betanzos, na parcela adicada a equipamentos sociais, turísticos e comerciais, proxectarase un Centro de día con 25 vivendas tuteladas, que sirva de remate ó parque no seu encontro co río Mendo.

CENTRO DE DÍA


O Centro de Día contémplase como un servicio con capacidade para 45 persoas, usuarios externos ás vivendas, é un servizo de acollida diurna e de reforzo con finalidade terapeútica e rehabilitadora durante un determinado número de horas ó día, e tamén de asistenza ás actividades da vida diaria para un grupo de usuarios.
Ademáis ten que dotar as vivendas de servizos de comedor e terapia ocupacional.

Haberá, como complemento ó Centro, tres locais comerciais de 40,00 m² cada un.

Na parcela resolveranse todos os espazos libres, aparcamentos e de lecer.
Se disporán ó menos 15 prazas de aparcadoiro para o Centro de Día, unha para o transporte colectivo diario e 25 prazas para as vivendas.


25 VIVENDAS TUTELADAS


Proponse a implantación de 25 vivendas tuteladas na mesma parcela definida para o Centro de Día, podendo formar unidade co mesmo.
Estas vivendas coexistentes co Centro deben funcionar independentemente, de xeito que o devandito centro sirva de apoio as mesmas.

A superficie media das vivendas será de 60,00 m² incluíndo nela os posibles espazos comúns de comunicacións e accesos. As vivendas serán de tres tipos:

  • 5 unidades de un dormitorio sinxelo
  • 18 unidades de un dormitorio dobre
  • 2 unidades de dous dormitorios, un dobre e un sinxelo

As vivendas deberán cumprir as normas básicas de habitabilidade vixentes podendo dispor de servizos comúns de lavandería e almacenaxe.


NORMATIVA URBANÍSTICA


  • Superficie parcela: 10.396 m²
  • Edificabilidade máxima: 3.500 m²
  • Altura máxima: B+1, 8 m a cornisa + baixo-cuberta
  • Ocupación máxima: 40%
  • Distancia a lindes: 5 m á vía pública e á zona verde
  • Servidume río: 15 m

Plantexarase a conexión, cruzando o río, do Parque ca rúa Xosé Fariña.
Asemade resolverase a franxa verde pública inmediata ó río e a súa continuidade cara ó norte, ámeto das vivendas do tema 2.


DOCUMENTACIÓN FACILITADA


  • Programa
  • Plano do estado actual ca área delimitada
  • Plano del Plan Parcial. Este plano é informativo, actualmente en revisión polo que non será necesario respectar as alineacións propostas

Descarga:
Betanzos (rar 5,31 Mb)
Información Complementaria (rar 1,9Mb)
Estudio Geotécnico (pdf, 2Mb)